Monday 29 de April de 2024

O I Torneo Hóckey A.C. Órdenes acaparou o interese deportivo durante toda a pasada fin de semana


O hóckey sobre patíns foi durante toda a fin de semana o deporte estrela no municipio de Ordes. Todo debigo ao I Torneo Club Hóckey A.C. Ordes, no que participaron 8 equipos chegados de distintos puntos de Galicia. Cataluña e incluso dalgún país estranxeiros como Austria. Polo pavillón Castelao I pasaron centenares de persoas entre público asistente e deportistas. Sobre a pista mediron forzas as aliñacións dos seguintes equipos: A. C. Ordes; Patín Oroso; Hóckey Compostela; Cerdanyola Club D´Hoquei; Rho Dornbirn, Club Hóckey Oleiros, Club A.A. Dominicos e C.M. Ferrol
A ocasión tamén foi aproveitada para rendirlle unha merecida homenaxe aos veteranos e veteranas do club ordense, auténticos responsables da grande acollida e afección que Ordes sente por esta modalidade.
O alcalde de Ordes e o concelleiro de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Luis Caamaño foron os encargados de entregar os trofeos.